Deifontes

Deifontes

Municipio da provincia de Granada drenado polo río Cubillas, afluente do Genil (2.539 h [1996]). A súa economía está baseada totalmente na agricultura. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa parroquial neomudéxar (1656) e a ermida de san Isidro (s XIX). Consérvanse restos dun poboado íbero nas Erillas e elementos romanos na Venta del Nacimiento. Dominada polos musulmáns, recibiu o nome de Dialfates, pero despois da Reconquista a Coroa de Castela cedeuna en propiedade á abadía do Sacromonte de Granada. A consecuencia da desamortización de Mendizábal foi adquirida pola condesa de Antillón. Por unha real orde de 1903 recibiu a súa denominación actual.