Deimos
Deimos
[ASTRON]
Satélite de Marte descuberto en agosto de 1877 por Asaph Hall desde Washington. O seu primeiro período de revolución sideral é de 30 h 17 min 55 s. As observacións que se transmitiron á Terra polos vehículos Mariner e Viking mostraron que este satélite é elipsoidal e que os seus eixes miden 15, 12 e 11 km respectivamente. Ten a superficie cuberta por cráteres; algúns destes presentan formas case borradas debido á erosión que se produce polos impactos de partículas do espacio.