Deinonychus

Deinonychus
[PALEONT]

Dinosauro de ata 4 m de lonxitude e 1,8 m de altura. De corpo lixeiro, pesaba menos de 70 kg, con dentes curvados e de bordo aserrado, brazos con mans de tres dedos que portaban garras longas e curvadas, e pernas longas con catro dedos; o segundo destes dedos portaba unha garra de ata 14 cm de lonxitude que lle servía ao animal para acoitelar as presas mentres as aferraba coas extremidades superiores. Cando se desprazaba, levaba o corpo e a longa cola en posición horizontal. Era un depredador veloz, áxil e intelixente que podía cazar en grupo. Propios de principios do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.

Palabras veciñas

Deilephila | Deimos | Deinócrates | Deinonychus | Deinosuchus | Deinotherium | Deiokes