Dejneka, Aleksandr Aleksandrovič

Dejneka, Aleksandr Aleksandrovič

Pintor soviético. Representou a tendencia occidentalista do realismo soviético. Membro da Sociedade de Pintores de Cabalete (OST), realizou obras coas temáticas modernistas do deporte e do traballo industrial. Inspirándose nos feitos da revolución, pintou A defensa de Petrogrado (1928). Decorou os teitos das estacións Majakovskaia (1938) e Novokuznietskaia (1943) do metro de Moscova. Recibiu o Premio Lenin en 1964.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kursk

  • Deceso

    Lugar : Moscova