Delalande, Michel-Richard

Delalande, Michel-Richard

Compositor. Organista e clavecinista, foi músico da corte de Luís XIV. En 1683 nomeárono sub-mestre da capela real, en 1685 compositor de música de cámara, dende 1689 superintendente de música de cámara e posteriormente mestre de música de cámara. Foi autor de motetes de vasta concepción polifónica, de ballets e dun gran número de pezas de concerto para a corte. Da súa produción destacan Ballet de la jeunesse (O baile da mocidade, 1686) e Sinfonies pour les soupers du Roi (Sinfonías para as ceas do rei).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Versailles