Delattre, Pierre C.

Delattre, Pierre C.

Fonetista francés. Emigrou aos EE UU e alí estudiou na University of Michigan, onde obtivo o doutoramento en 1935, e ensinou francés na Wayne State of America. En 1941 ingresou na University of Oklahoma e, en 1947, na de Pennsylvania. Especializouse en fonética articulatoria, primeiramente na do francés, e no desenvolvemento de aplicacións pedagóxicas para o ensino do francés a falantes americanos, e despois na comparación da fonética de distintas linguas. Entre as súas obras destacan La durée des voyelles en français: Etude expérimentale sur la durée des E d’un Français (1939), Principes de phonétique français à l’usage des étudiants anglo-saxons (1946), Comparing the Phonetic Features of English, French, German and Spanish (1965) e Studies in French and Comparative Phonetics: Selected Papers in French and English (1966).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roanne

  • Deceso

    Lugar : Santa Barbara, California