Delfín, san

Delfín, san

Bispo de Bordeos. Asistiu aos concilios de Zaragoza (380) e Bordeos (385), nos que condenou o priscilianismo. Morreu decapitado en Tréveris. Na iconografía leva vestiduras de pontífice con casula ancha ou capa e mitra, co báculo na man (símbolo de bispo) e, como atributos, unha maqueta de igrexa (coma os doutores da Igrexa fronte á herexía priscilianista) ou un golfiño. A súa festividade celébrase o 24 de decembro.