Delgado Gómez, Xaime

Delgado Gómez, Xaime

Sacerdote. Doutor en Arqueoloxía Cristiá e profesor, estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Diocesano de Lugo e ordenouse sacerdote en 1958. Trasladouse a Roma e estudiou no Pontificio Istituto de Archeologia Cristiana. Dende 1977 foi profesor no Seminario Diocesano de Lugo. Foi comisario artístico do patrimonio arqueolóxico e histórico de Lugo (1983), asesor cultural da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo (1985) e desde 1987 pertence ao grupo Francisco de Moure de Ourense. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Lucensia, Boletín del Seminario Fontán-Sarmiento, Boletín del Museo Provincial de Lugo e Rivista di Archeologia Cristiana. Participou na redacción do Inventario Arquitectónico de Lugo y su provincia (1975-1983). Entre outras obras, escribiu La crucifixión de la iglesia del Hospital de Incio: una muestra de arte indígena paleocristiano de Galicia (1987), El camino francés de Santiago en su tramo lucense (1993), Aspectos del mundo romano del que surgió nuestro “Lucus” (1993), El románico de Lugo y su provincia (1996), El complejo de Temes: los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia (1997) e El pétreo retablo de San Esteban de Ribas de Sil (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castelo, Taboada