deltametrín

deltametrín
Nome científico: [(1R,3R)-3-(2,2-dibtomovinil)-2,2-dimetilciclopropano carboxilato de (S)-ciano-2-fenoxibenzilo]
s m [QUÍM]

Composto químico pertencente ao grupo dos piretroides que actúa como insecticida de aplicación foliar, activo por inxestión e contacto, sen actividade sobre os ácaros. Autorízase en cultivos de cereais, cítricos, árbores froiteiras, viña e plantas de horta e ornamentais.