deltoide
deltoide
(< delta + -oide)
-
adx
Que ten a forma dun delta maiúsculo.
-
s
f
[MAT]
Hipocicloide na que r=3a, onde r é o raio da circunferencia fixa e a o da móbil.
-
músculo deltoide
[ANAT]
Músculo que une o brazo ao ombreiro e serve de elevador do brazo. É robusto, triangular, de vértice externo e inferior, e sitúase na cara superior do ombreiro. Está inserto, por riba, na porción externa e anterior da clavícula, no lado externo do acromio e na espiña da escápula, e, por debaixo, no úmero. Inérvao o nervio circunflexo. Tamén se denomina deltoide.