Demachy, Robert
Fotógrafo francés. Comezou a realizar series fotográficas coa técnica do platino en 1880. En 1892 as súas obras amosáronse na Exposición Fotográfica do Palacio de Belas Artes de París. Membro da corrente pictorialista, fundou, xunto a Puyo e outros colaboradores, o Photo Club de París en 1894. Especializouse na elaboración de obras teóricas sobre a fotografía, nas que defendeu unha técnica pictórica impresionista, que mesmo chegaba á manipulación da imaxe. A súa temática principal foron retratos femininos, paisaxes impresionistas, nus, estudios de danza, automóbiles e escenas urbanas, cun estilo semellante a Degas. Publicou, en colaboración con Alfred Masked, Photo Aquatint or The Gum Bichromate Process (Foto Aquatint ou o proceso da goma bicromatada, 1897) e, con Puyo e outros autores, Les procédés d’art en Photographie (As formas da arte na fotografía, 1906). A súa maior exposición retrospectiva celebrouse en 1931 en París. Foi elixido membro da Société Francaise de Photographie (1882), do Linked Ring Brotherhood (1895) e da Royal Photographic Society (1905). Foi condecorado co título da Lexión de Honra de Francia (1905) pola súa contribución á cultura.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Germain -
Deceso
Lugar : Laye -
Deceso
Lugar : París