Demerec, Millislav
Demerec, Millislav
Xenetista croata. Doutorouse en Xenética na Cornell University en 1923. Traballou na Carnegie Institution, da que se converteu en director en 1943. Realizou numerosas investigacións sobre a xenética do millo, da mosca Drosophila e de diversos microorganismos, así como sobre a mutación inducida e a natureza dos xenes. Fundou a revista científica Advances in Genetics e escribiu The Biology of Drosophila (A bioloxía da Drosophila, 1950).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kostajnica -
Deceso
Lugar : Laurel Hollow, Nova York