Demme, Jonathan
Demme, Jonathan
Realizador cinematográfico. Estudiou na Universidade de Florida, onde realizou gravacións de música para películas. Posteriormente, traballou como produtor de anuncios publicitarios da man do director Roger Corman. Con el comezou a producir películas de serie B, como Caged Heat (Cárcere quente, 1974), Crazy Mama (1975) ou Fighting Mad (Loitando polos meus dereitos, 1976). A partir dese momento dirixiu diversos filmes, entre os que destacan Something Wild (Algo salvaxe, 1986, Married to the Mob (Casada con todos, 1988), The Silence of the Lambs (O silencio dos cordeiros, 1991), premiada en Berlín e con cinco Oscar; Cousin Babby (1992); Philadelphia (1993), premiada con dous Oscar, e The Opportunists (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rockville Center, Nova York