Dénia
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (27.496 h [1996]). A agricultura de regadío é a principal actividade económica, fundamentalmente o cultivo de cítricos e, en menor medida, as hortalizas. No secaño destacan as amendoeiras, os ervellos de Ceratonia, a viña e as oliveiras. As principais industrias pertencen aos sectores metalúrxico e químico, que se completa con pequenas fábricas de xoguetes e mobles, e ao turismo. O primeiro núcleo urbano ben documentado corresponde á época romana, cando se estableceu a cidade de Dianium, con categoría xurídica de municipio. No ano 1010 constituíuse a taifa ou reino de Dénia. Foi conquistada en tempos de Xaime I de Aragón (1244). En 1612 recuperou o título de cidade. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo, con vestixios musulmáns e baixo medievais, a torre do Gerro (s XVI) e a igrexa da Asunción (s XVIII). Entre as institucións culturais sobresae o Museo del Juguete.