Denis, Claudio
Denis, Claudio
Cóengo de Lugo. Representou o sector canónico galego que se opuña ás medidas liberais que pretendía impoñer o Trienio Liberal (1820-1823) e defendeu o sistema social e económico do Antigo Réxime. Participou nas conspiracións que se emprenderon en Galicia contra o liberalismo, xunto ao deán Manuel Fernández Varela e José Rosendo Fernández, bibliotecario do bispo lucense.