Denís, san
Denís, san
Papa (259-268). Foi presbítero da Igrexa romana durante o papado de Estevo (254-257). Elixido papa, restableceu os límites entre as parroquias e os cemiterios de Roma, despois da persecución de Valeriano. Obtivo de Galieno liberdade para os cristiáns. Participou nos debates sobre o bautismo dos herexes e enfrontouse cos heréticos sabelianos. No 262 reuniu en Roma un concilio que condenou o subordinacionismo e o arrianismo, e mantivo unha controversia con san Denís de Alexandría. A súa festa celébrase o 26 de decembro.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Roma