Denís de Corinto, san

Denís de Corinto, san

(s II) Bispo de Corinto. Predicou a fe cristiá durante o reinado do Emperador Marco Aurelio. Escribiu cartas pastorais ás igrexas de Atenas, Lacedomonia, Nicomedia, Knosos e Roma, e aos cristiáns de Sortina e Amastris. Como as herexías dos tres primeiros séculos proviñan dos principios da filosofía pagá, descubriu a escola filosófica que orixinara esa herexía para informar os fieis. Os gregos venérano como mártir. A súa festividade celébrase o 29 de novembro (en Oriente) ou o 8 de abril (en Occidente).