Denkania

Denkania
[PLANTA]

Xénero de ximnospermas, da familia das glosopteridáceas, de follas enteiras e lanceoladas dispostas en espiral, cun nervio principal e unha nerviación secundaria reticulada. O seu hábitat foi o continente Gondwana dende o Pérmico ata o Triásico.