Denley, Gerald

Denley, Gerald

Profesor e poeta alófono en lingua galega. Licenciado en Linguas Modernas pola Universidade de Cambridge, residiu durante varios anos en Brasil, Turquía e Chipre, países nos que impartiu clases de inglés; foi tamén profesor de literatura francesa no instituto Nicholas Chamberlaine de Bedworth, no Reino Unido. En 1946 visitou España para asistir a un ciclo de conferencias en Salamanca e en El Escorial; posteriormente, en 1959, tras unha viaxe a Galicia comezou a estudar galego e a escribir poemas nesta lingua, que viron a luz na revista Grial (nº 42, 1973 e nº 66, 1979), no suplemento de cultura de La Voz de Galicia (1982) e na revista Ólisbos (nº 14, 1994). Participou no primeiro Congreso de Poetas Alófonos de Lingua Galega (Santiago, 1993), colaboración que se recolle no volume Poetas alófonos en lingua galega (1994), cun poema dedicado á coroa poética de Rosalía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres