dentabrún
Fento de rizoma groso e erecto. Presenta frondes externas estériles -de ata 200 cm de lonxitude e 60 de ancho, cun pecíolo longo acanalado e ancho na base, bipinnadas con folíolos lanceolares, asimétricos e obtusos- e frondes internas fértiles, de cor acastañada, con esporanxios globosos, non agrupados en soros, que cando están maduros se abren lonxitudinalmente en dúas valvas iguais. Habita en ambientes protexidos do frío, moi húmidos e sombrizos, con solos ácidos, constituíndo unha especie típica dos bosques de ribeira. Distribúese pola rexión mediterránea, Macaronesia, Europa, a metade oriental de Norteamérica, oriente de Brasil, sur de África, rexión de Malaia e o occidente da Península Índica. Na Península Ibérica está presente no litoral atlántico e cantábrico.