dentado -da

dentado -da

(< dente)

  1. adx

    Provisto de dentes.

    Ex: Case todos os mamíferos son animais dentados.

  2. adx

    Que ten no bordo pequenos recortes en forma de punta ou redondos que semellan dentes.

    Ex: O serrón ten unha folla dentada coa que serra a madeira.

  3. adx

    Trabado ou cortado cos dentes.

  4. adx [BIOL]

    Aplícase ao órgano ou estrutura que presenta prominencias ou marxes en forma de dente ou como unha serra desgastada.

  5. s m [ARQUIT]

    Motivo decorativo en forma de dentes.

  6. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase á peza do escudo cos perfís exteriores formados por pequenos cortes ou dentes, en forma de ángulos agudos.

    2. Aplícase á partición feita cos dentes en forma de ángulos agudos.

    3. Aplícase ao animal cos dentes dun esmalte diferente ao do resto do corpo.

  7. s m [FILAT]

    Perforación que se aplica sobre os pregos de selos de correos rodeando cada un deles de xeito que se poidan desprender manualmente. As primeiras emisións de selos tiráronse en pregos sen dentar, polo que era preciso recortalos con tesoiras ou coitelas. O selo dentado, nacido para facilitar a expedición dos selos polo miúdo, empregouse en España por vez primeira na segunda das dúas emisións de 1865.

Palabras veciñas

Dent, Edward Joseph | dentabrún | dentada | dentado -da | dentadura | dentagrón | 1 dental