Denver

Denver

Cidade dos EE UU, capital do estado de Colorado, na marxe dereita do río South Platte (497.840 h [1996]). Foi fundada no ano 1858 e elixida capital en 1867. É o centro económico e financeiro máis importante da rexión das Rochosas grazas á industrialización iniciada nos anos corenta nos campos da siderurxia, metalurxia, construcións mecánicas, téxtiles e refinerías de petróleo. Nos últimos anos, a crise do petróleo motivou a diversificación da economía e constituíuse nun importante centro de investigación enerxético e das telecomunicacións. En 1990, cun crecemento demográfico do 5,1%, converteuse no núcleo urbano máis importante do estado de Colorado. Entre as súas institucións culturais destaca o Denver Art Museum.