Deportes, Los
Semanario de carácter deportivo aparecido en Vigo en outubro de 1927. Subtitulado “Revista semanal ilustrada”, contou coas colaboracións de entre outros Ramón Fernández Mato, José Vidal de Bustamante, Manuel G. Domingo Rienzi, Enen-Dek, Gerardo Roquer e Ricardo Mella. Con fotografías de Pacheco e debuxos de Carlos Maside, incluíu as seccións “Foot-Ball”, “Boxeo”, “Tennis”, “Yactching”, “Tiro de pichón”, “Automovilismo”, “Aviación” e “Remo”. Nos seus artigos aparece información referida á construción do novo estadio de Balaídos, ao campionato rexional galego e á competición estatal de fútbol -ademais do R C Celta de Vigo, o Deportivo de La Coruña e o Rácing de Ferrol-, ao calendario internacional de automobilismo e ás marcas do atletismo en Galicia, xunto con novas sobre aviación e avances tecnolóxicos nese campo.