Depretis, Agostino
Político italiano. Seguidor de Mazzini, foi elixido deputado como membro da esquerda democrática (1848). En 1859 foi nomeado gobernador de Brescia e ao ano seguinte proditador de Sicilia, cargo que abandonou pouco despois. Logo da unificación italiana ocupou os cargos de ministro de Obras Públicas (1862), de Mariña (1866) e de Finanzas (1867). Durante o goberno do conservador Minghetti converteuse en líder da oposición de esquerdas e sucedeuno como primeiro ministro á fronte de sucesivos gobernos desta ideoloxía (25.3.1876-11.3.1878, 18.12.1878-3.7.1879). Ministro do Interior no goberno de Cairoli (1880), volveu ao poder cun goberno de esquerdas (29.5.1881), pero nas eleccións de outubro de 1882 estableceu unha alianza con Minghetti para unirse contra as forzas da extrema esquerda e constituíu o sistema de goberno denominado transformismo, baixo o que dirixiu catro gobernos sucesivos asentados sobre este sistema entre o 25 de xullo de 1883 e o 29 de xullo de 1887.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mezzana, Trentino -
Deceso
Lugar : Alto Adige -
Deceso
Lugar : Stradella