depuración

depuración

(< depurar)

  1. s f

    Acción de depurar.

    1. s f [ALIM]

      Operación industrial consistente en eliminar o contido dos microorganismos -que, ás veces, poden ser patóxenos- que acumulan os moluscos criados en augas mariñas contaminadas.

    2. depuración de augas residuais [TECNOL]

      Tratamento ao que se someten as augas residuais das poboacións ou das industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos. A depuración pode ser completa e pode ir seguida dunha etapa de potabilización, se a auga depurada se vai empregar de novo nas poboacións, ou ben reducirse a unha fase de eliminación dos elementos contaminantes, se a auga ten que retornar ao río ou ao mar. Esta fase consiste nunha separación, coa axuda de coagulantes, e nunha filtración. Para facilitar a sedimentación tense que someter a materia orgánica a un proceso de oxidación bacteriana denominada dixestión. Para coñecer a cantidade de materia orgánica disolta por unidade de volume, determínase a demanda biolóxica de osíxeno (DBO). Tamén se efectúa a determinación de metais pesados, fenois, deterxentes, compostos nitroxenados, etc.

  2. s f [POLÍT]

    Acción política encamiñada a manter e garantir a homoxeneidade político-ideolóxica dun réxime político mediante a eliminación dos membros considerados perigosos ou contrarios, ou acusados de colaborar co inimigo. En España as depuracións iniciáronse en 1823 coas purificacións incoadas a todos os funcionarios civís ou militares que desempeñaron cargos durante o Trienio Constitucional, e que podían ser declarados puros, impurificados ou impuros. No franquismo, afectaron aos mandos republicanos no exército e a determinados sectores da función pública, como a educación. En Europa, o nazismo practicounas no Partido Socialdemócrata Nazi a partir de 1938, separando a cargos disidentes na administración e no exército. Na Unión Soviética, producíronse en 1921 purgas no Partido Comunista Ruso, e co stalinismo, a partir de 1935, practicáronse depuracións sistemáticas no PCUS, que culminaron nos Procesos de Moscova (1936-1938). Os procesos xeneralizáronse trala Segunda Guerra Mundial para determinar a responsabilidade dos acusados de colaborar coas potencias do Eixe.

  3. depuración plasmática [FISIOL]

    olume de plasma que depura o ril ou outro órgano dunha substancia determinada e nunha unidade de tempo. A medida da depuración de substancias é un método efectivo para valorar a función renal, e exprésase en ml/min.

Palabras veciñas

deprimir | deprimóxeno -na | deprivación | depuración | depurador -ra | depuradora | depurar