deprivación

deprivación

(

s f [PSIC]

Situación de illamento provocada pola carencia de estimulacións beneficiosas e necesarias para o desenvolvemento do individuo. Segundo a natureza dos estímulos que afectan a un individuo, pódese distinguir, por exemplo: deprivación estimular (ausencia de estímulos externos e carencia de obxectos desexados); deprivación sensorial (falta de estimulación como consecuencia de deficiencias no medio receptivo da información); e deprivación sociocultural (carencia de estimulación beneficiosa e necesaria para o desenvolvemento humano debida a unha situación de illamento social ou por pertencer a unha clase ou grupo social desfavorecido económica e culturalmente).

Palabras veciñas

deprimido -da | deprimir | deprimóxeno -na | deprivación | depuración | depurador -ra | depuradora