deprimido -da
deprimido -da
(< deprimir)
-
p reg
de deprimir ou deprimirse.
-
adx e s
Que ou quen está afectado de depresión.
Ex: Está moi deprimido desde que lle contaron a traxedia. Os deprimidos sempre teñen algunha razón para non mostrar un sorriso.
-
adx
[BIOL]
Aplícase ao órgano ou ser vivo que ten unha aparencia aplanada coma se sufrise unha presión na parte superior ou inferior e na dirección do eixe do órgano.
Ex: O linguado é un peixe de corpo deprimido.