Derry

Derry
Nome científico: [gaélico: Dhoire]

Capital do distrito homónimo, Irlanda do Norte, Reino Unido, situada á beira da baía Foyle (72.334 h [1993]). Trátase dun importante porto pesqueiro, naval e comercial, e un crecente núcleo industrial (química, téxtil e alimentación), segundo en importancia despois de Belfast. En 1609 o Rei Xacobe I de Inglaterra concedeulle a propiedade do condado de Coleraine á cidade de Londres; unha sociedade integrada por doce compañías londinenses fundou en 1612 a cidade de Londonderry, denominación que foi substituída en 1984 por Derry. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral gótica de Saint Columb e a catedral de Saint Eugene do s XIX.