desambiguación
desambiguación
(< desambiguar)
s
f
[LING]
Procedemento interpretativo que consiste na aclaración dos significados escuros ou ambiguos que poida presentar unha palabra ou unha construción gramatical para evitar confusións. Normalmente, conséguese por medio da contextualización da secuencia no marco conceptual que lle corresponde ou pola coherencia comunicativa. No discurso literario, a ambigüidade dos textos é a miúdo intencionada, de xeito que non sempre se pode determinar un único sentido entre os distintos que suxire.