desconcerto

desconcerto

(

  1. s m

    Falta de orde e de concerto nas cousas.

    Ex: Tiña toda a habitación revolta, alí reinaba o desconcerto.

    Confrontacións: desorde.
  2. s m

    Situación na que unha persoa non ten capacidade de reacción, non sabe qué facer ou qué dicir.

    Ex: Ó derrubarse o edificio produciuse un gran desconcerto entre os viandantes. O naufraxio produciu un enorme desconcerto entre a xente da vila.

    Sinónimos: confusión.