desconectador -ra
(< desconectar)
-
adx
Que desconecta ou serve para desconectar.
-
s
m
[TECNOL]
Aparato que serve para desconectar unha parte dunha liña ou dunha instalación eléctrica separándoa ou seccionándoa do resto; por esta razón tamén se chama seccionador ou separador. Consta dun ou de dous brazos condutores que fan contacto entre eles, ou ben existe un contacto fixo. A corrente eléctrica pasa polos brazos condutores xiratorios que en movemento deixan de facer contacto. Son unipolares cun xogo de brazos de contacto, ou multipolares, xeralmente tripolares con tres xogos, para a corrente trifásica.
-
desconectador de batería
[TECNOL]
Interruptor que teñen algúns automóbiles mediante o que se desconecta á vontade un dos bornes da batería do resto do circuíto eléctrico. Desta maneira resulta imposible acender o vehículo. Ten unha función antirroubo e evita que a batería se descargue accidentalmente.
-
desconectador de bobina
[TECNOL]
Dispositivo antirroubo que interrompe a chegada de corrente da batería ao circuíto primario da bobina dun automóbil, de maneira que resulta imposible acendelo.