descoñecido -da
descoñecido -da
(
-
p reg
de descoñecer ou descoñecerse.
-
adx e s
Que ou quen non ten unha identidade coñecida.
Ex: Non me gusta subir no ascensor con descoñecidos.
-
adx e s
Que ou quen non se coñece polos seus méritos profesionais.
Ex: Gañou o premio un autor descoñecido.
-
adx
Que está irrecoñecible polos cambios que sufriu.
Ex: Os turistas afirmaron que Ourense está descoñecida. Despois da operación quedou descoñecido.