desdén
desdén
(
-
s
m
Indiferencia ou altivez despectiva que mostra unha persoa en relación a un asunto ou a outra persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén”.
Ex: Sempre fala con desdén dese tema.
Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desconsideración. -
s
m
Feito con que se mostra unha actitude desdeñosa.
Ex: Fíxome tantos desdéns que acabamos por enfadarnos.
Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desestimación. -
xenartro.
Frases feitas
-
Ao desdén loc adv Sen interese ou sen coidado. Ex: Sempre se viste ao desdén, é un desleixado.
Refráns
- Á dama ao desdén parece ben.
- Á fermosa o desdén sempre parece ben.
- Cando o can quere a cadela, moita farela; e despois ergue a pata e mexa por ela.
- Non te asañes, rapaz, que as nenas sonche para ver e os galáns para as mirar.