desdén

desdén

(< desdeñar)

  1. Indiferencia ou altivez despectiva que mostra unha persoa en relación a un asunto ou a outra persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén”.

    Ex: Sempre fala con desdén dese tema. 

    Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desconsideración.
  2. Feito con que se mostra unha actitude desdeñosa.

    Ex: Fíxome tantos desdéns que acabamos por enfadarnos.

    Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desestimación.

Frases feitas

  • Ao desdén loc adv Sen interese ou sen coidado. Ex: Sempre se viste ao desdén, é un desleixado.

Palabras veciñas

desdeixar | desdeixo | desdén | desdén | desdeñable | desdeñar | desdeñoso -sa