desdén
desdén
(< desdeñar)
-
Indiferencia ou altivez despectiva que mostra unha persoa en relación a un asunto ou a outra persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén”.
Ex: Sempre fala con desdén dese tema.
Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desconsideración. -
Feito con que se mostra unha actitude desdeñosa.
Ex: Fíxome tantos desdéns que acabamos por enfadarnos.
Sinónimos: desprezo, menosprezo. Confrontacións: desestimación.
Frases feitas
-
Ao desdén loc adv Sen interese ou sen coidado. Ex: Sempre se viste ao desdén, é un desleixado.