desigualdade
(< desigual)
-
Antónimos:
igualdade.
-
s
f
Calidade ou estado de desigual.
Ex: A desigualdade de opinións impediu que se chegase a un acordo. O terreo está cheo de desigualdades.
Antónimos: igualdade. -
desigualdade social
Diferencias socioeconómicas que amosan un desequilibrio. Desde a Antigüidade debateuse sobre a orixe da desigualdade social, desde os que lle acreditan unha orixe divina (a Igrexa medieval), natural (Platón, Aristóteles ou os darwinistas) ou xurdida da propia sociedade, ata aos que a consideran derivada da propiedade privada (Rousseau e Marx) e da división do traballo (Durkheim, Parsons). Desde mediados do s XX aténdese máis que á cuestión da orixe, á das consecuencias en termos de xustiza social.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
-
Expresión mediante a que se indica a carencia de igualdade que existe entre dúas cantidades ou expresións.
-
Dada unha relación de orde nun conxunto C, expresión que indica a relación entre dous elementos determinados. A expresión a<b é unha desigualdade entre a e b, e lese “a é inferior a b” ou “a é anterior a b”; a expresión a>b lese “a é maior a b” ou “a é posterior a b”. Similares afirmacións pódense facer da seguinte forma a≥b e lese “a é maior ou igual a b”, e a expresión a≤b que se le “a é menor ou igual a b”.
-