desigual
desigual
(
- adx Antónimos: igual.
-
adx
-
Que amosa ou implica variacións ou cambios.
Ex: O tempo desta semana é moi desigual, primeiro chove e logo vai sol. A traxectoria dalgúns artistas é moi desigual.
-
Que presenta distintos niveis ou irregularidades.
Ex: O terreo polo que andaban era moi desigual. A costa galega é desigual.
-
Que non resulta equitativo.
Ex: A repartición das axudas entre as distintas partes foi desigual. O trato desigual entre os alumnos provocou a sentada.
Antónimos: igual.
-
-
adx
Que presenta desproporción ou non gardan equilibrios as partes que o compoñen.
Ex: A pelexa converteuse nun combate desigual.
Antónimos: igual.
Refráns
- A uns, moito; e a outros, nada.
- Así o mundo vai andando: uns rindo e outros chorando.
- Entre o rato e o león non hai comparación.
- Este mundo é un ha casa de tolos: cantan uns e choran outros.
- Non se pode medir todo por un igual.
- Se a ola dá escontra a pedra, o peor será para ela.
- Uns en boa cama e outros en mala, todos igual che gamos á alba.
- Uns nacen para moer e outros para ser maídos.