desinterese

desinterese

(< desinteresar)

  1. s m

    Ausencia de interese por alguén ou por algunha cousa.

    Ex: Mostra un total desinterese pola súa familia.

    Confrontacións: deixamento, desidia.
  2. s m

    Actitude de quen dá e comparte o que ten ou actúa sen tentar sacar ningún proveito.

    Ex: O seu desinterese foi total á hora de prestar axuda.

    Antónimos: comenencia, interese.