desidia
desidia
(< lat desidĭa)
-
s
f
Falta de coidado, dedicación ou interese nunha actividade ou traballo.
Ex: O fracaso do proxecto non foi por incompetencia, senón por desidia. Non fai as cousas ben por desidia.
Sinónimos: abandono, deixamento, desgana, desinterese, despreocupación. Confrontacións: apatía, desleixamento, desleixo, indolencia, neglixencia. -
s
f
Falta de vontade para realizar unha actividade ou traballo que requira algún esforzo.
Ex: Non lle pasa nada, non traballa por desidia. Ten desidia ata para ir comer.
Sinónimos: galbana, nugalla, preguiza, vagancia. -
s
f
Falta de coidado que ten unha persoa de si mesma ou das súas cousas.
Ex: Vestía con desidia e mal gusto. Ninguén se pode imaxinar a desidia na que está a súa casa.
Sinónimos: abandono, desleixamento, desleixo.