déspota

déspota

(

  1. adx e s

    Que ou quen exerce autoridade e impón a súa vontade de xeito tiránico, opresivo e brutal.

    Ex: O encargado do taller é un déspota cos seus subordinados. Filipe V foi un déspota.

  2. s m [HIST]

    Na Antigüidade, designación que os gregos empregaban para os soberanos orientais que exercían o goberno dun xeito absoluto. Desde o s III d C converteuse nun dos títulos dos emperadores romanos e máis tarde dos bizantinos. Nos ss XI e XII recibiron este título os familiares masculinos do emperador bizantino con dereito a sucesión e desde o s XIII definiu os príncipes do Imperio Bizantino que gobernaban provincias semiindependentes. O termo aplicouse tamén á forma de goberno dun conxunto de monarcas europeos nos ss XVII e XVIII, como Luís XIV de Francia.

Palabras veciñas

desposesión | desposorio | desposuír | déspota | despotado | despótico -ca | despotismo