Destorrents, Ramon

Destorrents, Ramon

Pintor e miniaturista. Activo entre 1351 e 1362, sucedeu a Ferrer Bassa como pintor da corte catalanoaragonesa. Realizou os retablos da capela real do palacio da Almudaina, en Palma de Mallorca (1353-1358), e da capela real de Zaragoza (1358). O seu fillo ou neto, Rafael Destorrents , pintor e miniaturista documentado entre 1391 e 1425, realizou as pinturas do Missal de Santa Eulàlia da catedral de Barcelona (1403) e do perdido Missal dels Consellers para a capela da casa da cidade (1410).