Destouches, Louis-Ferdinand

Destouches, Louis-Ferdinand

Escritor francés. Coñecido como Céline Louis-Ferdinand, licenciouse en Medicina en 1924 e principiou a súa andaina como novelista con Voyage au bout de la nuit (Viaxe ao final da noite, 1932). Despois de Mort à crédit (Morte a crédito, 1936), redactou algúns panfletos antisemitas, e en 1940 uniuse ao goberno de Vichy. Exiliouse e, á súa volta, comezou de novo a súa actividade literaria, coa que conseguiu o respecto da crítica esquerdista. As obras D’un château l’autre (Dun castelo ao outro, 1957), Nord (Norte, 1960) e Rigodon (1968) son, quizais, a manifestación máis patética e elocuente do seu nihilismo corrosivo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Asnières, Île

  • Deceso

    Lugar : France

  • Deceso

    Lugar : París