destrutor -ra

destrutor -ra

(< destruír)

  1. adx e s

    Que ou quen destrúe.

  2. s m [BÉL]

    Embarcación de guerra de tonelaxe media, de entre as que compoñen unha escuadra, que destaca pola súa velocidade e armamento. Na súa orixe tivo o nome de destrutor de torpedeiros, porque se utilizaba para combater este tipo de navíos. Acadou moita importancia na loita de todas as mariñas de guerra, que o consideraban un barco superior ao torpedeiro. Gracias á súa velocidade, facilidade de manobra, potencia de artillería e capacidade para transportar un gran número de cargas de profundidade, foi o antisubmarino máis empregado durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que o seu apoxeo tivo lugar na Segunda Guerra Mundial. Actualmente comparte coa fragata e a corveta as funcións antisubmarinas e aéreas, debido á súa maior potencia e tonelaxe (8.000 t). Entre as clases de destrutores de última xeración cómpre salientar a Arleigh Burke, Uss Constellation e DD21 Zumbalt.