Detroit

Detroit

Cidade do estado de Michigan, EE UU, á beira do río Detroit, que comunica os lagos Erie e Saint Clair (1.000.272 h [1997]). É a setima cidade dos EE UU, cun 75% da poboación afroamericana, un 21% descendente de europeos e o 2,8% de orixe hispana. A industria do automóbil é o sector máis destacado da economía, e conta con importantes compañías como General Motors, Ford e Chrysler. Tamén cómpre salientar as empresas de transporte e o comercio. Nos últimos anos do s XX, converteuse nun dos centros financeiros máis destados do país, feito que provocou que a maior parte da poboación se concentrase no sector terciario. Entre as principais institucións culturais salientan The Detroit Institut of Arts e o Henry Ford Museum & Greenfield Village. Fundada no ano 1701 polo francés Antoine de la Mothe Cadillac co nome de Fort Pontchartrain du Detroit, foi conquistada en 1760 polos ingleses e incorporada aos EE UU no ano 1796.