Devesa, Santalla da

Devesa, Santalla da

Igrexa situada na parroquia de Anafreita (Friol). De estilo barroco, construíuse no s XVII. Ten planta rectangular cunha nave, con cuberta a dúas augas e dúas capelas laterais. No interior destaca o retablo coa imaxe de santa Baia. A fachada principal é alintelada e ten unha espadana de dous vans.