Devil is a Woman, The

Devil is a Woman, The
Nome científico: [O diaño é unha muller]
[IMAX]

Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1935. Foi dirixida por Josef von Sternberg e interpretada por Marlene Dietrich, Lionel Akill, César Romero e Edward Everett Horton. Este filme causou unha forte polémica en España, xa que o goberno da República non estaba de acordo coa visión que se daba do país, ao ambientar a película nunha Sevilla chea de tópicos. Ante o veto imposto polo goberno español, os estudios Paramount tiveron que destruír todo o material, agás unha copia que conservou Marlene Dietrich. A trama é un triángulo amoroso no que o desexo, a paixón e os desamores son frecuentes.

Palabras veciñas

devidar | devidas | Devigo | Devil is a Woman, The | 1 devir | 2 devir | Devis