2 devir

2 devir
s m [FILOS]

Movemento progresivo polo que se fan ou se transforman as cousas. O problema do devir, estreitamente ligado ao do ser, foi exposto pola filosofía presocrática e polarizouse arredor de Heráclito, quen explicou a realidade como puro devir, e de Parménides, para quen o ser queda sempre inmóbil e inalterable, e o devir tan só é pura aparencia. Aristóteles, partindo dun exame histórico das distintas concepcións sobre o concepto, estableceu seis clases de devir: xeración ou xénese, destrución, aumento, diminución, alteración e translación. Hegel revitalizou a problemática ao considerar o devir como a superación, ao mesmo tempo, do puro ser e da pura nada.

Palabras veciñas

Devigo | Devil is a Woman, The | 1 devir | 2 devir | Devis | Devlin, Bernadette | devoción