devoción

devoción

(< lat devotĭōne)

  1. s f [RELIX]
    1. Fervor pola relixión ou polas prácticas relixiosas.

      Ex: A devoción por Deus creceu ó longo da historia debido ás aparicións dos últimos anos.

      Confrontacións: celo, piedade, veneración.
    2. Actitude ou predisposición de piedade e dependencia cara a Deus ou os santos.

      Ex: A devoción que tiña por Deus era esaxerada.

      Sinónimos: relixiosidade.
  2. s f [RELIX]
    1. Amor intenso por alguén ou por algo relacionado coa relixión.

      Ex: Sempre lle tivo gran devoción ó Sagrado Corazón de Xesús.

    2. Predilección por algo ou por alguén.

      Ex: Cada vez que fala demostra devoción pola Historia.

      Confrontacións: afección, apego, inclinación.
  3. [RELIX]
    1. s f

      Práctica relixiosa.

      Ex: O cura mandoume rezar con devoción á Virxe para que se cumprise a miña petición.

    2. libro de devoción

      devocionario.

Palabras veciñas

2 devir | Devis | Devlin, Bernadette | devoción | devocionario | devolto -ta | devolución