celo

celo

(

  1. s m
    1. Coidado eficaz que se pon no cumprimento das obrigas.

      Ex: Fixo o traballo con moito celo. Sempre pon moito celo cando ten que coidar o meniño.

    2. Interese ardente e activo en favor dunha persoa, dunha idea ou dunha causa.

      Ex: Defendeu as súas ideas políticas con moito celo.

  2. s m [ZOOL]
    1. Excitación sexual periódica que se manifesta, sobre todo, nos vertebrados, principalmente nas femias, e que coincide co período de estro do ciclo ovárico. O momento da ovulación vai acompañado dun conxunto de cambios morfolóxicos e fisiolóxicos (aparición de plumaxe distinta nas aves, de apéndices e expansións nos peixes, de excrecións olorosas nos mamíferos e hiperemia dos órganos reprodutores); tamén se producen cambios de comportamento. É o único período no que as femias aceptan a cópula; algunhas presentan un só estro ao ano e outras teñen dous ou máis. Os machos adoitan ser activos todo o ano e a presenza dunha femia con estro determina o seu celo.

      Ex: No agosto tivemos que levar a cabra ao macho porque estaba en celo.

    2. Época na que están neste estado.

      Ex: Este ano á gata duroulle pouco o celo.

  3. s m pl [PSIC]
    1. Sentimento receloso do que teme que outra persoa poida ser preferida a un mesmo. Aínda que tradicionalmente os celos se consideraron un sentimento universal e innato, algúns psicólogos cren que este sentimento ten unha orixe cultural.

      Ex: Sempre lle daba celos co seu mellor amigo. Morría de celos porque agora tiña un novo irmán.

    2. Envidia que se ten de que un competidor goce dalgunha cousa que un desexa.

      Ex: Tiña moitos celos do corredor que chegara en primeiro lugar.

Refráns

  • Amor e celos, irmáns xemelos.
  • Onde hai celeira, hai amor, hai dor e hai rabieira.
  • Onde hai celos hai amor, onde hai vellos hai dor.

Palabras veciñas

celme | Celme, torre de | celmoso -sa | celo | celo- | celobiosa | celoblástula