devocionario

devocionario

(

s m [RELIX]

Libro que contén as oracións coas que os fieis cristiáns exercitan a súa devoción. Desde o s XIII empregouse como devocionario o Libro das horas. No s XVII abundan as obras devotas de carácter popular (novenas, reloxos da paixón, via crucis, oracións aos santos e á Virxe, rosarios, etc).